MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

QUIXEN ASASINAR DECEMBRO

leave a comment »

McGinley, meu favorito

Penso mentres agardo, no medio e medio da sala Capitol de Santiago DC na xélida noite do 3 de decembro, que meu sabio amigo Manolito igual non está tan louco como semella cando dí que estamos na fin do mundo, nesta especie de reality show que estamos a vivir. Os cotilleos de Wikileaks e as súas consecuencias; o simpático estado de alarma e o peche do espazo aéreo…

non sei…

con algo hai que entreter a espera, moi longa dende aquel simulacro do Monte do Gozo. Ás miñas costas, alguén explica a importancia da cor da guitarra do cantante de The Pains of Being Pure at Heart. Un exaltado berra mentres empuxa, mirade alí, alí está Sara Nadadora; un presentador de televisión, afeito ós grandes platós autonómicos, non ten dabondo co seu propio sitio e coloniza pés, ombreiros e cadrís veciños. Entón, en plena invasión do espazo persoal, apágase a luz e saen os oficiantes. En canto remata Start Again (despois da broma inicial) xa sei que é noite de comunión.

Van chegando as súas cancións, paseniño, debullando os perfectos riffs a medio facer, as armonías imposibles, as guitarras sucias e limpas, ásperas e suaves, oscuras e brillantes. Aí, no conxunto e nos detalles, está todo. E todo pode resumirse, por exemplo, no estribillo de The Concept, un dos cumios da cerimonia.

Ó remate estraño algunha canción pero necesitarían tres horas para repasar todas as miñas favoritas. O certo é que eu xa estou preparado. Por mín xa pode acaba-lo mundo, xa pode vir ese xuízo final online do que me falas, Manolito. Teenage Fanclub, santos súbitos.

December é una canción do seu disco Bandwagonesque, de 1991.

Nesta ligazón, una magnífica entrevista recente de Xavier Valiño, alma mater de  Ultrasónica.

A foto é de edwardfilms

Advertisements

Written by Javier

Decembro 10, 2010 ás 4:51 pm

Publicado en música, meses

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: