MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

AMERICAN BEAUTY #6

leave a comment »

A Gran Rosa.

Big Pink é o nome dunha casa que está aloxada no máis profundo das fragas das Catskills, no estado de New York. A finais dos anos sesenta do século pasado, un pequeno xenio que “se puxo eléctrico” e que se facía chamar Bob Dylan xuntouse cuns músicos de Canadá que coñecera uns anos antes. Decidiron pecharse no soto da Gran Rosa para facer música xuntos e alí gravaron The Basement Tapes, circunstancia crucial do de Minnesota. Alí naceu tamén Music from Big Pink, o gran primeiro disco de Richard Manuel, Rick Danko, Garth Hudson, Robbie Robertson e Levon Helm como  The Band.

The Band in front of Big Pink, 1968.

Este casal agochado ó final dunha mesta corredoira moi preto de Woodstock foi para seus antigos inquilinos, sen dúbida, un dos puntos de inflexión nas súas vidas. Hoxe en día ten outros propietarios pero, pintada aínda de rosa, segue en pé como símbolo dunha época e dunha paixón innegociable pola música. Sirva de exemplo desa paixón este vídeo, con Levon Helm rodeado de ilustres amigos tocando The Weight, unha das emocionantes cancións que naceron naquel máxico soto hai, case, unha eternidade.

Fotos de joseph a y Elliot Landy.

Advertisements

Written by Javier

Decembro 30, 2010 ás 4:19 pm

Publicado en american beauty, música

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: