MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

AMERICAN BEAUTY #8

leave a comment »

Ballroom, Lee Plaza Hotel. (Marchand e Meffre).

Esta é a historia.

No ano 1913  un controvertido persoeiro chamado Henry Ford perfecciona o sistema de fabricación en serie do seu Ford T na cidade de Detroit. Desde entón e grazas á reducción do custo pola eficiencia das novas cadeas de montaxe, case que calquera pode mercar un dos seus coches. En pouco tempo o automóbil muda a súa esencia. Xa non é artigo de luxo e mesmo comeza a ser unha necesidade. Agroma unha nova forma de vida: o Soño Americano ou a sociedade de consumo como vehículo ( nunca mellor dito ) para acada-lo estado do benestar.

Detroit, a Motor City, medra e medra durante décadas ó abeiro da industria, chegando a ter preto de dous millóns de habitantes nos anos 50, moitos deles procedentes da Europa desfeita pola guerra e tamén do sur dos Estados Unidos. Na segunda metade do século todo cambia. Unha profunda crise nos setenta, graves enfrentamentos raciais periódicos e a continua sangría da corrupción e da mafia; crises varias da industria, o afundimento do negocio inmobiliario e finalmente da automoción. Desde 1950 non deixa de perder poboación. Hoxe en día, menos de 900.000 persoas habitan nunha cidade na que un terzo da súa superficie é simplemente entullo e a taxa de desemprego acada o 30 % .

St Christopher House, antiga Biblioteca Pública ( Marchand e Meffre )

Non recordo onde lin que sen crise o ser humano aínda sería unha bacteria. Vale, tentarei ser optimista, pero todas estas metáforas poeirentas non axudan nadiña. Estes inmóbiles edificios de vivendas, de oficinas, teatros, colexios, bancos, fábricas, bibliotecas, igrexas e hoteis; estas ruínas do que foi un Imperio transmiten, coa súa asombrosa desolación inzada de pantasmas, un profundo desacougo.

No período 2005-2010 Yves Marchand y Romain Meffre adicáronse a fotografa-las ruínas de Detroit. Sean Hemmerle preparou outra reportaxe para a revista Time que se pode ver aquí.

A banda sonora podería ser a de este vídeo atopado en youtube. Ou este. Ou calquera canción da Tamla Motown, mítica discográfica que naceu na cidade. Ou moito mellor, calquera dos MC5 que xa no 1972 cantaban  Motor City is burning: sons para xusto despois da Apocalipse.

Advertisements

Written by Javier

Xaneiro 20, 2011 ás 11:00 pm

Publicado en american beauty, música

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: