MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

MEU LUGAR NO MUNDO #8

leave a comment »

Galicia vista por Urbano Lugrís

Botáronvos as sobras do banquete,

os restos do festín, o refugallo.

Conformes coa ración cativa, vades

surrindo moi contentes

coa surrisa dos neutros

que dormen sin remorso porque coidan

que o mundo está ben feito:

aquil arriba e aquiloutro embaixo,

no meio un mar de soños

e un río de saudades sin orelas.

Un perfeuto equilibrio. Cada cousa

debe estar no seu sitio.

O mandarín, mandando;

os mansos podrecendo e producindo.

Nos curutos están a caixas fortes

encheitas do suor dos inocentes.

Debaixo estades vós, caste de ananos,

sostendo a inxusticia.

Viaxe ao país dos ananos, 1968. Celso Emilio Ferreiro. Poeta.

Celso Emilio Ferreiro naceu onde o mundo se chama Celanova no 1912 e faleceu en Vigo en 1979. Púxolle nome á longa noite de pedra.

Urbano Lugrís ( A Coruña, 1908 – Vigo, 1973 ), pintor de murais, Robinson na Atlántida.

Advertisements

Written by Javier

Abril 2, 2011 ás 9:01 am

Publicado en mundo, poesía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: