MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

RECORD STORE DAY

leave a comment »

Zuma, de Neil Young & Crazy Horse

Cando chegas á tenda, só ti sabes que xuntaches meses enteiros os cartos para mercalo, e poste a remexer nos caixóns ata atopalo. Aí está, agardando por ti. Xa o tes nas máns, xa vas, xa o pagas. Xa é teu, para quitar o plástico e repasar cada centímetro cadrado da portada, da contra, do libreto e ata pasmar ca perfección do buraco do centro; para cheiralo, para ulir o maravilloso arrecendo a disco novo; para escoitalo na habitación, só, cos ollos pechados e emprestalo aos amigos ( sempre que cho devolvan ) para falar del despois, como se fala dun fillo. Xa é teu, para estar facendo outras cousas pola casa e ir miralo un ratiño ao andel; para saber que está agardándo alí, por ti, o teu amor.

***

Parabéns para todos e todas os que consideran algún disco coma unha das súas máis prezadas posesións. O 16 de Abril é o Record Store Day.  Mañá cedo, dedicádelle un ratiño ao voso tesouro. Collede un dos vosos discos favoritos e escoitade tranquilamente a vosa canción favorita nel. Despois, buscade unha tenda de discos cerca ( non é broma, aínda quedan ) e celebrade o día!.

Estas son as miñas:

Barstool blues de Neil Young & Crazy Horse, do disco Zuma.  A miña tenda é Peggy Records, en Ourense.

Advertisements

Written by Javier

Abril 15, 2011 ás 6:40 pm

Publicado en música

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: