MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

CALLES #3

leave a comment »

Favela Paraisópolis, São Paulo, Brasil.

Periferia, o extraordinario libro de Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) que recibiu o Premio Xerais de Novela 2010, cóntanos a vida da xente das favelas de São Paulo, inzadas de crack, armas e violencia; rapaces coa vida estragada que, a pesar de ter a fin do mundo arredor (ou quizáis por iso mesmo), parecen procurar acubillo nas súas propias esperanzas.

É un libro que impón respecto: mesto, extenso, mestizo (novela, documental e banda sonora); de escrita que non dá tregua, esixente e por momentos abafante, cunha cadencia especial que é unha das súas características excepcionais. Confeso que antes de lelo, cando o tiña na man e lle botaba unha ollada, pensei se eu ía ser quen de meterlle o dente a aquilo; unha vez principiado, non queda outra que deixarse levar polo absorbente balbordo que o enche. Rematei a súa lectura esgotado, pero con ese cansazo que se ten despois de correr uns quilómetros e logo dunha longa ducha quente, cando o corpo comeza a segregar serotonina e te sintes un pouco máis feliz que antes do esforzo. Moi recomendable.

A foto da favela Paraisópolis (irónico nome) é de Fernando Stankuns.

Advertisements

Written by Javier

Xuño 27, 2011 ás 4:08 pm

Publicado en calles, libros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: