MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

MEU LUGAR NO MUNDO #12

leave a comment »

Samil

 

Deixei a Susan Hayward de Chapela no portal da súa casa de Venezuela. A rúa Pracer estaba cortada (por obras), polo que seguín por Progreso ata Príncipe. Xa non era noite mais aínda non era día. Polas Avenidas non viña ninguén e sentei nun banco a liar un Golden Virginia. Un septuaxenario coidadosamente engominado que me lembrou a Vargas Llosa pasaba facendo footing.

Acendín o cigarro e fun mercar billete para o barco. Dende o medio da ría, Vigo era unha vella iguana que espertaba a carón d´auga, con dous pulgóns no costelar. Dúas Princess of the Seas. As gaivotas ensaiaban un tornado branco sobre a lonxa. Na popa do barco, apoiado coa planta do pé esquerdo na parede, un rapaz con pinta de non ter comido quente en meses retirou un auricular.

-¿Me das un pitillo, neno?- rosmou.

Estirei a man co tabaco, o papel e a saqueta cos filtros. Por riba da cidade mirábase o día achegarse a rebullóns.

Cando carallo se fodeu Vigo?

***

A fotaza é de quivoco

Advertisements

Written by Javier

Setembro 1, 2011 ás 4:22 pm

Publicado en mundo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: