MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

UNHA HISTORIA QUE NON VOU CONTAR

with one comment

Mural dos gatos de Alfageme, Vigo

Para algún dos que saben de crítica literaria, a novela Unha historia que non vou contar (Xerais, 2009) do misterioso Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959) merece o calificativo de “moderna” porque mestura técnicas habituais da narrativa con outras propias da non ficción, como reseñas periodísticas ou transcripcións de entrevistas. Mesmo alguén podería falar de metaliteratura ao referirse a ela. Eu, alleo por completo á teoría, disfruteina moito.

Lida coas lentes para ver de lonxe, é a historia dun escritor que comeza a vivir nun apartamento con vistas á Porta do Sol de Vigo, emprestado por un amigo. Case sen planificación e coa intención de escribir unha novela, inicia a investigación dun famoso crime acontecido na cidade nos anos setenta e que aínda permanece confuso en moitos aspectos. Da man do protagonista, imos coñecendo as circunstancias da morte de Antonio Alfarem, presidente da Unión de Conserveiros de Galicia, contada por testigos e protagonistas directos deste caso que conmocionou á sociedade viguesa nos derradeiros anos do franquismo.

Coas lentes de ver de cerca disfrutei coa escrita de Cid Cabido, coas referencias cinematográficas e musicais que inzan a novela, como a canción Alone again or que abre un capítulo. Rin coa “adherencia” do protagonista, que le a teoría da sincronicidade de Jung mentres está metido nunha especie de thriller sentimental.

Con lentes ou sen elas, esta é unha novela que, coa atinada escenografía de coñecidos lugares da cidade de Vigo, conta de xeito extraordinario unha historia que non se vai contar.

A foto é de Jorge Lens. Non perdades a súa colección de fotografías de rótulos publicitarios.

Advertisements

Written by Javier

Setembro 3, 2011 ás 8:04 am

Publicado en libros

Unha resposta

Subscribe to comments with RSS.

  1. […] blog Momificaciones inclúe unha valoración da novela Unha historia que non vou contar, de Cid […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: