MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

O CANON #39

leave a comment »

Magín, o Mago de Oriente

Magín, o Mago de Oriente

Magín Blanco (A Rúa, 1960), o guitarrista de La Rosa. Souben del por primeira vez fai moitos anos, cando veu á miña cidade cun grupo que se chamaba Voyeur. Era unha noite xélida e Magín semellaba (só semellaba) ser un tipo algo distante, seguro que axudado polo clima. Anos despois, cunha LesPaul en ristre, Magín fixo florecer La Rosa, un dos grupos que edificaron a identidade musical deste país a finais do século pasado. Logo dunha incrible presa de cancións, La Rosa rematou, e Magín comezou a gravar e a firmar os discos co seu nome, rodeado dun bo feixe de músicos amigos, pero sempre co seu poético xeito de tocar a guitarra e a súa voz como marcas de identidade. Tamén é o autor dunha marabillosa xoia chamada A nena e o grilo (OQO, 2010) e, a día de hoxe, segue a escribir cancións e darlle voltas (seguro) a vintemil proxectos máis.

Neste estrano e fodido 2011, púxose en marcha un proxecto chamado Días en Blanco, que quere render tributo ao extraordinario e inagotable talento de Magín.

As súas andanzas poden seguirse puntualmente no blogue El corazón de los pájaros.

Esta canción é Cuando mi voz,  unha das miñas favoritas de sempre.

A foto é de Nacho Rego.

Advertisements

Written by Javier

Outubro 29, 2011 ás 4:22 pm

Publicado en guitarristas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: