MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

CALLES #12

leave a comment »

Peirao en Arklow

Peirao en Arklow

[…] And as we walked

through the streets of Arklow,

in a drenching beauty,

rolling back ‘til the day.

And I saw your eyes,

they was shining,

sparkling crystal clear.

And our souls were clean

and the grass did grow […]

No mes de outubro de 1973, física e mentalmente esgotado, Van Morrison (Belfast, 1945) viaxa a Irlanda para unhas longas vacacións. É a primeira vez que volta a casa dende que en 1966 fixara a súa residencia nos Estados Unidos. Daquela, o prodixioso músico namorado da ampla tradición americana do rythm & blues e do soul xa é dos máis influentes do momento. Pola contra, no eido persoal non son bos días. Logo dun tumultuoso matrimonio vén de divorciarse de Janet Planet, a musa a carón da que acadara algún dos seus cumios, como Astral weeks ou Moondance. Neses días de calma e reflexión no seu país compón unha presa de cancións que edita en 1974 co nome de Veedon fleece, un dos álbums máis fondos e poeticamente intensos da súa carreira. Streets of Arklow é unha desas cancións, que fala dunha pequena vila ao sur de Dublín asomada ao mar de Irlanda. Escoitándoa parece evidente que naqueles días nos que pasaba páxina a un significativo anaco da súa vida, Arklow foi para Van the Man unha especie de paraíso.

A foto do peirao pertence ao flickr de KordovanikBronislav.

Advertisements

Written by Javier

Abril 22, 2013 ás 3:50 pm

Publicado en calles

Tagged with ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: