MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

PRESCINDO

leave a comment »

Lisette Model

Nick´s, New York, c. 1940.

Prescindo

de nomear as cousas

que te digan

e non acabo de ollar a causa

da súa existencia

a decisión deste tempo que apenas dura

e outro lugar

onde non me achegue xa máis eu ao lado

da morte

tracexada a través do desexo

-como o vento

peneirado sobre o dorso da man-

e o olvido

que agoiro na desolación das marxes

e no fondal dos ollos

que me negas como cinsa

na separación e na distancia.

Un poema de Paulino Vázquez Vázquez (Vilanova dos Infantes, 1962) do poemario Seixo de desfacer entre os dedos (Sotelo Blanco, 1985).

A foto é de Lisette Model (Viena, 1906 – New York, 1983).

Advertisements

Written by Javier

Maio 15, 2013 ás 9:43 am

Publicado en poesía

Tagged with

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: