MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Archive for the ‘calles’ Category

CALLES #12

leave a comment »

Peirao en Arklow

Peirao en Arklow

[…] And as we walked

through the streets of Arklow,

in a drenching beauty,

rolling back ‘til the day.

And I saw your eyes,

they was shining,

sparkling crystal clear.

And our souls were clean

and the grass did grow […]

No mes de outubro de 1973, física e mentalmente esgotado, Van Morrison (Belfast, 1945) viaxa a Irlanda para unhas longas vacacións. É a primeira vez que volta a casa dende que en 1966 fixara a súa residencia nos Estados Unidos. Daquela, o prodixioso músico namorado da ampla tradición americana do rythm & blues e do soul xa é dos máis influentes do momento. Pola contra, no eido persoal non son bos días. Logo dun tumultuoso matrimonio vén de divorciarse de Janet Planet, a musa a carón da que acadara algún dos seus cumios, como Astral weeks ou Moondance. Neses días de calma e reflexión no seu país compón unha presa de cancións que edita en 1974 co nome de Veedon fleece, un dos álbums máis fondos e poeticamente intensos da súa carreira. Streets of Arklow é unha desas cancións, que fala dunha pequena vila ao sur de Dublín asomada ao mar de Irlanda. Escoitándoa parece evidente que naqueles días nos que pasaba páxina a un significativo anaco da súa vida, Arklow foi para Van the Man unha especie de paraíso.

A foto do peirao pertence ao flickr de KordovanikBronislav.

Advertisements

Written by Javier

Abril 22, 2013 at 3:50 pm

Publicado en calles

Tagged with ,

CALLES #8

leave a comment »

Unha rúa no Sudán do Sur

Oficialmente, a República do Sudán do sur é o país máis novo do mundo. Naceu o 9 de xullo de 2011 e a súa capital é Juba. Moita sorte.

A foto é de Félix Lupa.

Written by Javier

Setembro 10, 2011 at 7:24 am

Publicado en calles

CALLES #7

leave a comment »

Penny Lane, Liverpool

Penny Lane, Liverpool, según The Beatles.

A foto e de Anosmia.

Written by Javier

Setembro 7, 2011 at 8:16 am

Publicado en calles, música

CALLES #6

leave a comment »

Os luns, os anxos están a traballar nas rúas

El cielo sobre Berlín, dirixida por Wim Wenders no ano 1987 .

O ceo e as rúas de Berlín pódense admirar nas boísimas fotos de klara.kristina.

Written by Javier

Setembro 5, 2011 at 7:06 am

Publicado en calles, cine

CALLES #5

leave a comment »

森がみつかるまで by Shuichi Nakano

Os óleos do pintor xaponés Shuichi Nakano, con animais xigantes nas rúas xaponesas.

Written by Javier

Agosto 25, 2011 at 2:49 pm

Publicado en calles

CALLES #4

leave a comment »

Picadilly Circus, London, 1969

En A Veiga é como un tempo distinto (Xerais, 2011), Eva Moreda (A Veiga, 1981) cóntanos unha fermosa historia sobre a emigración nos anos sesenta do século pasado na cidade de Londres: A pérdida da identidade que ameaza a Gelo e Elisa, os protagonistas principais, ao marcharen a traballar lonxe e a necesidade de adaptación; os diferentes rumbos que collen nas súas  novas vidas e ao encarar as mudanzas da sociedade nesa década. E, por riba de todo, Eva cóntanos unha poética historia de amor e de amizade.

A foto é de arbyreed

Written by Javier

Agosto 19, 2011 at 3:24 pm

Publicado en calles, libros

CALLES #3

leave a comment »

Favela Paraisópolis, São Paulo, Brasil.

Periferia, o extraordinario libro de Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975) que recibiu o Premio Xerais de Novela 2010, cóntanos a vida da xente das favelas de São Paulo, inzadas de crack, armas e violencia; rapaces coa vida estragada que, a pesar de ter a fin do mundo arredor (ou quizáis por iso mesmo), parecen procurar acubillo nas súas propias esperanzas.

É un libro que impón respecto: mesto, extenso, mestizo (novela, documental e banda sonora); de escrita que non dá tregua, esixente e por momentos abafante, cunha cadencia especial que é unha das súas características excepcionais. Confeso que antes de lelo, cando o tiña na man e lle botaba unha ollada, pensei se eu ía ser quen de meterlle o dente a aquilo; unha vez principiado, non queda outra que deixarse levar polo absorbente balbordo que o enche. Rematei a súa lectura esgotado, pero con ese cansazo que se ten despois de correr uns quilómetros e logo dunha longa ducha quente, cando o corpo comeza a segregar serotonina e te sintes un pouco máis feliz que antes do esforzo. Moi recomendable.

A foto da favela Paraisópolis (irónico nome) é de Fernando Stankuns.

Written by Javier

Xuño 27, 2011 at 4:08 pm

Publicado en calles, libros

%d bloggers like this: