MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Archive for the ‘cine’ Category

A ETERNIDADE E UN DÍA

leave a comment »

Alexandre e o mañá

“A húmida estrela do abrente anunciaba un sol brilante. Nin as nubes nin a néboa atrevíanse a pasar polo ceo. Dende alí, o alento da brisa era tan doce na cara que semellaba murmurar aos pétalos do corazón: a vida é doce. A vida é agarimosa.

Dime… canto dura o mañá?”

***

Grecia é un autobús que viaxa na noite, como a fermosa escea de La eternidad y un día, a longametraxe dirixida no 1998 por Theo Angelopoulos (Atenas, 1935).

Advertisements

Written by Javier

Decembro 2, 2011 at 10:10 am

Publicado en cine

CALLES #6

leave a comment »

Os luns, os anxos están a traballar nas rúas

El cielo sobre Berlín, dirixida por Wim Wenders no ano 1987 .

O ceo e as rúas de Berlín pódense admirar nas boísimas fotos de klara.kristina.

Written by Javier

Setembro 5, 2011 at 7:06 am

Publicado en calles, cine

FRONTEIRAS #2

leave a comment »

Argonáutica

Viaxo coa foto; atraveso o Bósforo coa proa ao norte, con Europa a babor e Asia a estribor e atopo as portas do Ponto Euxino, hoxe chamado Mar Negro, fronteira común para Rusia, Ucraína, Bulgaria, Xeorxia, Romanía e Turquía (se non esquezo algún). Aquí estou. Aquí sigo, a bordo do Argo…

Ray Harryhausen (Los Angeles, 1920) fixo unha obra mestra co mito de Jasón e os Argonautas en 1963, coa axuda da música de Bernard Herrmann (New York, 1911 – Hollywood, 1975). Quen non disfrutou con isto?

A foto é de Mr Trajan

Written by Javier

Agosto 13, 2011 at 5:30 pm

Publicado en cine, fronteiras

ONCE MANERAS DE SENTIRSE SOLO

with 2 comments

Richard Yates

A pesar de ser citada como referencia por Richard Ford y Raymond Carver, la obra de Richard Yates (New York, 1926 – Alabama, 1992) estuvo prácticamente olvidada hasta que Sam Mendes estrenó Revolutionary Road, la desoladora crónica del desmoronamiento de una pareja basada en la novela homónima de Yates, publicada en el 2008 por Alfaguara con el título de Vía revolucionaria. En 2010, RBA edita Once maneras de sentirse solo, cuya primera edición en inglés es de 1962. Once cuentos en los que, como diría William Faulkner, gente corriente lleva a cabo sus pacíficas tragedias. Uno de mis favoritos.

Más: A tragic honesty: The life and work by Richard Yates (Picador, 2004) es su biografía, escrita por Blake Bailey; o un estupendo artículo de Anaïs Egea, que se pregunta quién lee a Richard Yates.

Written by Javier

Agosto 11, 2011 at 4:16 pm

Publicado en cine, libros

AMERICAN BEAUTY #10

leave a comment »

519 N 3rd Avenue East. Duluth, Minnesota.

Mitómanos, dylanitas, curiosos: esta é a casa na que vivíu Bob Dylan ata os sete anos, en Duluth, Minnesota. A magnífica foto é de synapsewalker. Case podo velo entre os ferros da varanda, escoitando a lenta chegada dos trens e ollando o gran arco da vella de Noé…

Agora que cumpre 70 anos é un bo momento para ler a súa autobiografía Crónicas Vol. I, editada por Global Rythm Press, ou para revisar No direction home, de Martin Scorsese; para escoitar e ler unha vez mais a grandiosa letanía de Desolation row…ou o que sexa, que Dylan é infinito.

Written by Javier

Maio 31, 2011 at 11:36 am

NEVER LET ME GO

leave a comment »

Ham House ( Surrey ), versión cinematográfica de Hailsham

[…] Pensé en todos aquellos desperdicios, en los plásticos que se agitaban entre las ramas, en la interminable ristra de materias extrañas enganchadas entre los alambres de la valla, y entrecerré los ojos e imaginé que era el punto donde todas las cosas que había ido perdiendo desde la infancia habían arribado con el viento. […]

***

Nunca me abandones é o título en castelán dunha emocionante, conmovedora e sorprendente novela de Kazuo Ishiguro ( Nagasaki, 1954 ) escrita no 2005 e publicada por Anagrama. Estaba perdida no meu caixón de “vindeiras” desde que a merquei, alá polo 2006. Desde entón fun postergando a súa lectura ata fai uns días, cando a atopei de xeito milagroso. A memoria. A vida. Pode o amor retrasar a morte? Non se me vai da cabeza.

Aquí unha entrevista bastante recente co autor.

Hai unha  longametraxe baseada na novela, pero ese é outro tema.

Written by Javier

Abril 15, 2011 at 5:28 pm

Publicado en cine, libros

CALLES #2

leave a comment »

Charlotte baixo a chuvia de Tokio

Tokio ferve a todas horas. Nótase ben nos seus pasos de peóns.

Lost in translation, protagonizada por Scarlett Johansson, Bill Murray e a cidade de Tokio,  foi dirixida por Sofía Coppola ( New York, 1971) no ano 2003.

Written by Javier

Abril 11, 2011 at 10:24 am

Publicado en calles, cine

%d bloggers like this: