MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Archive for the ‘meses’ Category

AGOSTO, OCTUBRE

leave a comment »

Andrés Barba

Agosto, octubre (Anagrama, 2010) é o título da derradeira novela de Andrés Barba (Madrid, 1975), unha sentida ollada á adolescencia allea por completo ao sentimentalismo co que se encaran a miúdo estos temas. Tomás é un rapaz de catorce anos que veranea coa súa familia nunha vila da costa. Nese verán transgresor, Tomás atravesa con violencia a fronteira entre a nenez e a vida adulta, póndose ao límite, encarando as primeiras experiencias coa morte e co sexo. Á volta das vacacións, a carraxe, a vergoña e o sentimento de culpa lévano á procura do perdón.

A foto é de David Puig.

Advertisements

Written by Javier

Agosto 13, 2011 at 3:49 pm

Publicado en libros, meses

MARZO

leave a comment »

Hai alguén aí?

Marzo, o mes do deus da guerra. Hai vida en Marzo?. Hai vida en Marte?. Hai vida?. Nalgures?

Life on Mars? por David Bowie.

A sorprendente foto de Marte é de Andy Z.

Written by Javier

Marzo 30, 2011 at 3:36 pm

Publicado en música, meses

XANEIRO

leave a comment »

Que estás a pensar, Xaneiro?

Unha das ducias de razóns polas que hai que ver Mad Men chámase January Jones.

Aquí, toda a sesión de fotos tirada por Annie Leibovitz para Vanity Fair.

January Hymn, fermosa canción de The Decemberists. Adicada a vostede, Miss Jones.

Written by Javier

Febreiro 1, 2011 at 11:46 pm

Publicado en música, meses

QUIXEN ASASINAR DECEMBRO

leave a comment »

McGinley, meu favorito

Penso mentres agardo, no medio e medio da sala Capitol de Santiago DC na xélida noite do 3 de decembro, que meu sabio amigo Manolito igual non está tan louco como semella cando dí que estamos na fin do mundo, nesta especie de reality show que estamos a vivir. Os cotilleos de Wikileaks e as súas consecuencias; o simpático estado de alarma e o peche do espazo aéreo…

non sei…

con algo hai que entreter a espera, moi longa dende aquel simulacro do Monte do Gozo. Ás miñas costas, alguén explica a importancia da cor da guitarra do cantante de The Pains of Being Pure at Heart. Un exaltado berra mentres empuxa, mirade alí, alí está Sara Nadadora; un presentador de televisión, afeito ós grandes platós autonómicos, non ten dabondo co seu propio sitio e coloniza pés, ombreiros e cadrís veciños. Entón, en plena invasión do espazo persoal, apágase a luz e saen os oficiantes. En canto remata Start Again (despois da broma inicial) xa sei que é noite de comunión.

Van chegando as súas cancións, paseniño, debullando os perfectos riffs a medio facer, as armonías imposibles, as guitarras sucias e limpas, ásperas e suaves, oscuras e brillantes. Aí, no conxunto e nos detalles, está todo. E todo pode resumirse, por exemplo, no estribillo de The Concept, un dos cumios da cerimonia.

Ó remate estraño algunha canción pero necesitarían tres horas para repasar todas as miñas favoritas. O certo é que eu xa estou preparado. Por mín xa pode acaba-lo mundo, xa pode vir ese xuízo final online do que me falas, Manolito. Teenage Fanclub, santos súbitos.

December é una canción do seu disco Bandwagonesque, de 1991.

Nesta ligazón, una magnífica entrevista recente de Xavier Valiño, alma mater de  Ultrasónica.

A foto é de edwardfilms

Written by Javier

Decembro 10, 2010 at 4:51 pm

Publicado en música, meses

18 DE NOVEMBRO DE 1913

leave a comment »

Kafka Las Vegas, segundo a Librería Filigranes de Bruselas, que amosa que Kafka ten infinitas lecturas

[…]Volveré a escribir, pero cuántas dudas he tenido entretanto sobre mis escritos. En el fondo, soy un incapaz y un ignorante que, de no haberse visto obligado, sin ningún mérito por su parte y sin notar apenas la coacción, a ir a la escuela, ahora sería apto para agazaparse en una caseta de perro, para saltar al exterior cuando le arrojasen la pitanza, y retroceder después de engullirla.

En un patio fuertemente iluminado por el sol, dos perros iban corriendo a encontrarse desde direcciones opuestas.

Me atormenta el principio de una carta a la señorita Bl.[…]

Franz Kafka. Diarios (1910 – 1923). Tusquets Editores.

Librería Filigranes. Filigranes-Kafka e máis, by AIR Agency.

Written by Javier

Novembro 14, 2010 at 10:22 pm

Publicado en libros, meses

NOVEMBRO

leave a comment »

Tom Waits

Non hai sombras, nin estrelas, nin lúa, nin coches[…]

Novembro, un mes de vodevil, por Tom Waits.

Foto de Adrian Boot.

Written by Javier

Novembro 2, 2010 at 10:20 am

Publicado en música, meses

OUTUBRO

leave a comment »

Santi Balmes, cantante lesbiano

Love of Lesbian, Me llaman Octubre. Dentro dos actos de presentación do seu disco 1999 , fixeron algo tan incrible como isto na sala La Riviera.

A foto tirouna Revista Wego.

Written by Javier

Outubro 9, 2010 at 5:12 pm

Publicado en música, meses

%d bloggers like this: