MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Archive for the ‘mundo’ Category

MEU LUGAR NO MUNDO #17

leave a comment »

Peliqueiro. Laza, Ourense 1975, por Cristina García Rodero

Laza é un dos vértices do chamado triángulo máxico do Entroido na provincia de Ourense, xunto a Verín e Xinzo de Limia. Alí hai cousas que non mudan dende o século XV, como a máscara de peliqueiro.

A foto é de Cristina García Rodero (Ciudad Real, 1959), que  retratou como ninguén estas festas.

Advertisements

Written by Javier

Febreiro 10, 2012 at 7:52 pm

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #16

leave a comment »

O teixadal de Casaio

O teixadal de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Único.

A foto é de ablama55.

Written by Javier

Novembro 27, 2011 at 4:47 pm

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #15

leave a comment »

A Praza do Ferro de Ourense nos anos vinte do s. XX.

Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893 – 1983 ) viaxou por Galicia fai case noventa anos, co encargo da Hispanic Society of America de retratar a península ibérica. Pasou case dous anos viaxando por Galicia. Dentro do Outono Fotográfico 2011 en Ourense, pódese admirar unha escolma da ollada da fotógrafa.

Written by Javier

Outubro 30, 2011 at 11:07 am

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #14

leave a comment »

Igrexa de San Paio de Albán

San Paio de Albán (Coles, Ourense). A derradeira mudanza.

A foto é de freecat

Written by Javier

Setembro 22, 2011 at 5:14 pm

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #13

leave a comment »

San Simón, a illa do pensamento

A illa de San Simón, no corazón da Ría de Vigo, é sede da Fundación Illa de San Simón.

A foto é de Pilar Ponte.

Written by Javier

Setembro 9, 2011 at 11:19 am

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #12

leave a comment »

Samil

 

Deixei a Susan Hayward de Chapela no portal da súa casa de Venezuela. A rúa Pracer estaba cortada (por obras), polo que seguín por Progreso ata Príncipe. Xa non era noite mais aínda non era día. Polas Avenidas non viña ninguén e sentei nun banco a liar un Golden Virginia. Un septuaxenario coidadosamente engominado que me lembrou a Vargas Llosa pasaba facendo footing.

Acendín o cigarro e fun mercar billete para o barco. Dende o medio da ría, Vigo era unha vella iguana que espertaba a carón d´auga, con dous pulgóns no costelar. Dúas Princess of the Seas. As gaivotas ensaiaban un tornado branco sobre a lonxa. Na popa do barco, apoiado coa planta do pé esquerdo na parede, un rapaz con pinta de non ter comido quente en meses retirou un auricular.

-¿Me das un pitillo, neno?- rosmou.

Estirei a man co tabaco, o papel e a saqueta cos filtros. Por riba da cidade mirábase o día achegarse a rebullóns.

Cando carallo se fodeu Vigo?

***

A fotaza é de quivoco

Written by Javier

Setembro 1, 2011 at 4:22 pm

Publicado en mundo

MEU LUGAR NO MUNDO #11

leave a comment »

Oregón

Oregón, a cidade das Burgas e das pontes sobre o Miño, que neste agosto leva un fío de auga; a que hoxe, de novo, comezou a arder polos catro costados; a das Historias de Oregón de Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976), que publica a diario este verán La Voz de Galicia.

A foto é de Nacho Gómez para El País.

Written by Javier

Agosto 12, 2011 at 7:58 am

Publicado en mundo

%d bloggers like this: