MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Posts Tagged ‘guitarristas

O CANON #56

leave a comment »

Nick Saloman

Nick Saloman

Nick Saloman (Londres, 1953) guitarrista, compositor, cantante, fanzinero e produtor; un inxente talento excéntrico e hiperactivo que creou The Bevis Frond, unha das máis grandes e menos coñecidas bandas da Gran Bretaña. Posúe un estilo que lembra tanto ao rock máis clásico como á psicodelia e o folk británicos, con axeitadas pingas de blues-rock e acid-rock.

Esta canción é Stupid circle, recollida en The leaving of London, disco editado  no 2011 logo dun prolongado e infrecuente parón de sete anos na prolífica carreira do xenio de Walthamstow. Hoxe en día, con disco novo ás costas, Saloman segue a facer música doutros tempos como se o pasado aínda estivera por chegar.

A foto é do flickr de SeànK.

Advertisements

Written by Javier

Maio 30, 2013 at 8:03 am

Publicado en guitarristas

Tagged with ,

O CANON #55

leave a comment »

Bob Brozman

Bob Brozman

Bob Brozman (New York, 1954 – Santa Cruz, California, 2013), etnomusicologo e mestre, antropólogo, investigador e guitarrista total. A súa viaxe musical vai dende o jazz primitivo ou o blues máis clásico do sur dos Estados Unidos (onde pasou grandes tempadas estudando e tocando cos vellos bluesman) ata os sons e ritmos de Xapón, India, a illa de Reunión ou Papúa Nova Guinea. Houbo e haberá poucos coma el.

Esta é Death come creeping, interpretada co resófono nacional barítono Tricone diseñado por el.

A foto é do flickr de musicastrada.

Written by Javier

Abril 27, 2013 at 9:33 am

Publicado en guitarristas

Tagged with , ,

O CANON #54

leave a comment »

richie havens

Hai un par de días, cando souben pola prensa do pasamento de Richie Havens, atopei no seu web estas letras que escribiu un día e que agora traduzo:

“Aprendín a tocar para poder cantar as cancións que oía no Greenwich Village a finais dos 50 e a principios dos 60. Eran dunha clase diferente ás que cantaba en Brooklyn cos meus amigos. Había cancións que me facían pensar, e mesmo confirmaban moitas das miñas teorías sobre o ser humano e o que se supón que teríamos que ser. Entón quixen aprender rápido porque quería que os meus amigos de Brooklyn oíran esas cancións; pensei que sentirían o mesmo ca min. E moitos fixérono.

Ao longo dos anos, moreas de rapaces pregúntanme se ensino a tocar a guitarra. Estar na estrada dende 1967 ata agora mesmo fixo que non tivera tempo, así que esta páxina vai dedicada a tódolos mozos que desexan cantar as súas propias cancións nun par de días. Como na maioría das que nos gustan tócanse moi poucos acordes, ti deberías principiar só polas cancións que amas. Ese é o camiño máis rápido que atoparás.”

Richie Havens (Brooklyn, 1941 – Jersey, 2013) fíxose famoso por ter a oportunidade de abrir o festival de Woodstock no ano 1969, onde tocou e tocou entre aplausos do público ata que quedou sen cancións. Eu lembrareino pola súa paixón pola música e polo seu xeito intenso, primitivo e gozoso de tocar a guitarra. Se alguén merece o calificativo de honesto (1), tantas veces empregado á lixeira no eido da música popular, é el.

Esta canción é unha versión do Here comes the sun de George Harrison de 1971.

A foto é de Erika Goldring.

(1) (Segundo o diccionario da Real Academia Galega)

Honesto -a: adx.1. [Persoa] que non engana os demais nin se aproveita deles. Unha persoa honesta non se beneficia a costa dos demais. (sin). fiucego, honrado, leal, legal.

Written by Javier

Abril 24, 2013 at 7:04 pm

O CANON #52

leave a comment »

Chris Stamey

Chris Stamey

Chris Stamey (North Carolina, 1954), o guitarrista de The dB´s. Un dos mellores representantes do renacemento do pop a finais da década dos setenta dende os seus inicios cos Sneakers. Anos despois colabora, grava e produce a ducias de artistas próximos ao seu particular universo pop, como Yo La Tengo. Tamén é un dos promotores da “recuperación da memoria histórica” de Big Star, o marabilloso proxecto chamado Big Star´s Third. Neste 2012 trae de volta aos The dB´s co enorme Falling off the sky.

E esta canción é unha lenda: Summer Sun, producida por Alex Chilton, tal e como soaba en 1977.

Written by Javier

Decembro 16, 2012 at 2:05 pm

%d bloggers like this: