MOMIFICACIONES

squared heads in crescendo

Posts Tagged ‘Tuca Vieira

FRONTEIRAS #5

leave a comment »

Paraisopolis

A favela de Paraisópolis

Esta é a impoñente e rotunda fotografía de Tuca Vieira (São Paulo, 1974) da favela de Paraisópolis, famoso símbolo da indecente desigualdade que se atopa en calquera das grandes cidades do mundo. O autor recoñece o poder simbólico da imaxe aínda que “non amosa exactamente como son as cousas”. No seu web o Tuca explica que “nese predio coas piscinas non están os máis ricos, que, pola súa parte, non viven pegados aos máis pobres, que, pola súa parte, non son os habitantes de Paraisópolis”. Tamén recoñece que non foi fácil tirala: “Cuidei da composición, co muro que divide os dous lados en partes iguais; cortei o ceo na procura dun efecto bidimensional e hipnótico. Din varios xiros co helicóptero, orientando o piloto. Ela foi parte dunha serie de fotos que fixen nesa época sobre São Paulo, e non é froito do azar. Mais nada deso importa para quen a mira”.

A foto foi publicada por primeira vez hai máis de dez anos na Folha de São Paulo, e despois de diferentes vicisitudes Tuca Vieira sinte que, dalgún xeito, a súa obra “escapóuselle das mans”. Lembra vela no Facebook con moreas de comentarios nos que ninguén preguntaba quen era o fotógrafo. “Hoxe esa situación xa non me molesta”, aclara. “Criada no ambiente do xornalismo, esa foto talvez me faga acadar o que debería ser o grande obxectivo dun artista: provocar unha reflexión sobre o mundo e non sobre a obra e o seu autor. Pode que sexa o grande mérito da foto. Liberouse do autor e do contexto orixinal para enriquecer un debate sobre o Brasil, sobre a América Latina, sobre a desigualdade. Para un fillo de socialista, criado nun ambiente de indignación e desexo de transformación social, nada podería ser máis gratificante. Xornalismo, arte e política aquí son indisociábeis.”

Este é o web do autor, co texto completo do que saquei estas liñas e con moitos máis exemplos do seu preciso ollar.

Written by Javier

Maio 15, 2013 at 5:50 pm

Publicado en fronteiras

Tagged with , ,

%d bloggers like this: